Karl Marx

Lugar de nacemento de Marx Karl Heinrich Marx (pronunciado: [kaːɐ̯l ˈhaɪnʀɪç ˈmaːɐ̯ks]), nado en Tréveris o 5 de maio de 1818 e finado en Londres o 14 de marzo de 1883, foi un filósofo, economista, politicólogo, sociólogo, xornalista e socialista revolucionario de orixe alemá. Na súa vasta e influente obra abarca diferentes campos do pensamento na filosofía, a historia, a ciencia política, a socioloxía e a economía; aínda que non limitou o seu traballo soamente á investigación, pois ademais incursionou na práctica do xornalismo e a política, propondo sempre no seu pensamento unha unión entre teoría e práctica (''praxe).'' O seu interese fundamental situouse na procura tanto do coñecemento como do desenvolvemento das condicións para a emancipación da clase traballadora respecto da patronal e das leis de acumulación dos capitais encarnados nela.

Procedente dunha familia de clase media, estudou economía política e a filosofía hegeliana. Como adulto, Marx volveuse apátrida e pasou a maior parte da súa vida en Londres onde continuou a desenvolver o seu pensamento en colaboración co alemán Friedrich Engels e publicou varias obras, a máis coñecida sendo o panfleto de 1848 ''O manifesto comunista''. O seu traballo dende entón influíu a historia intelectual, económica e política subseguinte.

As teorías de Marx sobre a sociedade, a economía e a política —colectivamente coñecidas como marxismo— sosteñen que as sociedades humanas se desenvolven a través da loita de clases; no capitalismo, esta maniféstase no conflito entre a clase dominante (coñecida como burguesía) que controla os medios de produción e a clase obreira (coñecida como proletariado) que activa eses medios de produción vendendo a súa forza de traballo por un salario. Empregando un enfoque crítico denominado materialismo histórico, Marx predixo que, ao igual que os sistemas socioeconómicos anteriores, o capitalismo producía tensións internas que o conducirían á súa autodestrución e á substitución por un novo sistema: o socialismo. Para Marx, a loita de clases baixo o capitalismo, debido en parte á súa inestabilidade e a súa natureza propensa á crise, podería acabar no desenvolvemento da conciencia de clase por parte da clase obreira, conducindo á súa conquista do poder político e finalmente o establecemento dunha sociedade sen clases e comunista constituída por unha asociación libre de produtores. Marx loitou activamente pola súa introdución, argumentando que a clase obreira debería levar a cabo unha acción revolucionaria organizada para derrocar o capitalismo e traer consigo a emancipación socioeconómica.

Marx foi descrito como unha das figuras máis influentes da historia humana e o seu traballo foi tanto gabado coma criticado. A súa obra sobre economía estableceu a base para a meirande parte do coñecemento actual sobre a forza de traballo e a súa relación co capital, e o pensamento económico posterior. Moitos intelectuais, sindicatos obreiros, artistas e partidos políticos mundiais foron influenciados polo traballo de Marx, con moitas ideas modificadas ou adaptadas. Marx é tipicamente citado como un dos principais arquitectos da ciencia social moderna. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 71 for search 'Marx, Karl', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
  1. 1
    Ouvrage
  2. 2
    Ouvrage
  3. 3
    Ouvrage
  4. 4
    por MARX Karl
    Publicado 1977
    Ouvrage
  5. 5
    por MARX Karl
    Publicado 1948
    Ouvrage
  6. 6
    por MARX Karl
    Publicado 1977
    Ouvrage
  7. 7
    por MARX Karl
    Publicado 1977
    Ouvrage
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
    por MARX Karl
    Publicado 1982
    Ouvrage
  12. 12
    por MARX Karl
    Publicado 1978
    Ouvrage
  13. 13
    por MARX Karl
    Publicado 1986
    Ouvrage
  14. 14
    por Marx, Karl
    Publicado 1945
    Ouvrage
  15. 15
  16. 16
    por Marx, Karl
    Publicado 1972
    Ouvrage
  17. 17
    por Marx, Karl
    Publicado 1968
    Ouvrage
  18. 18
    por Marx, Karl
    Publicado 1972
    Ouvrage
  19. 19
    por Marx, Karl
    Publicado 1971
    Ouvrage
  20. 20
    por Marx, Karl
    Publicado 1973
    Ouvrage